domingo, 21 de diciembre de 2008

Querido Chuk:

Antes de nada agardamos que perdoes esta familiaridade ao dirixirnos a ti, pero se non nos perdoas teremos ben merecido o noso fin e así o entenderíamos. Pero Chuck, esta familiaridade non e mais que o froito da desesperación, enténdeo, so nos quedas ti: Políticos, partidos, ideoloxías, filosofías, estados, a Onu, os cascos azuis, a OTAN, o fondo monetario internacional, a reserva federal, o banco de Europa…todo mentira ¡! So nos quedas ti coma último recurso.

Sabemos o risco que corremos ao invocarte, ao despertarte do teu letargo, sabemos que podes provocar a fin do mundo, eliminar a raza humana da lista de especies que permites que vivan no planeta terra, pero Chuck, estamos cansos, cansos de tanta inxustiza , cansos de que as verbas bonitas non solucionen nada, cansos de tanto engano, por iso, adiante coa túa patada xiratoria e que sexa o que teña que ser.

Animo Chuck, estas so, como non podería ser doutro xeito, pero sabemos que triunfarás, sómente advertirche dun inimigo terrible que quizás no teu letargo non teñas coñecido aínda: os facedores de números, señores das escuras artes do crecemento e da pobreza, da riqueza e da miseria…coidado Chuck pois tentarán atordar a túa mente coa súa verba fácil, con gráficos que souben e baixan, con porcentaxes, con tantos por ente, teñen preparado todo un arsenal… pero que pode facer toda esa verborrea contra os teus principios, contra o teu pensamento que nos humildemente , nestes momentos de incertidume non deixamos de lembrar: “a solución a un complexo problema non é senón unha sinxela patada xiratoria de Chuck Norris”. Nisto si cremos e despois a ver quen é o guapo que se pon diante a dicir parvadas de dous e dous son catro… a por el Chuck, non deixes que sega a falar, adícalle ¼ da túa mirada e fulmínao.

Animo Chuck, estas so, pero iso tampouco nunca che importou, e que non te agradezamos o que fagas tampouco ¿non? , pero de todos os xeitos ánimo e adíante coa patada xiratoria.

PD.: se nos puideras mandar uns panos da man bordados estariamos che moi agradecidos.



Paixase antes de Chuk.

domingo, 14 de diciembre de 2008

De martelos e cravos.


Un pouco tarde , coma case sempre, este post ven a conto de dous artículos que establecen as pautas a seguir no que debería ser o partido político que represente este espacio que temos definido como a terceira vía.

Do primeiro desprendese que o partido, ante todo debe ser eso, un partido político (un martelo que crave na sociedade as ideas que representa, un instrumento, unha ferramenta). Do segundo, partindo da idea de que vivimos nunha sociedade totalmente influenciada polos medios de comunicación, propon repetir unhas ideas básicas facilmente identificables co partido ( o cravo) e repetilas constantemente a fin de non perderse nun bosque de ideas que ao final non cheguen claramente ó conxunto dos votantes. A mensaxe ao servicio do partido., ou viceversa. Unha vez transmitida unha idea sería mais facilmente transmitir unha segunda...

Supoño que tendo en conta que no fondo estamos a falar de partidos políticos, ambas propostas teñen o seu punto de razón, tanto dende a necesidade dunha organización eficaz coma na eficiencia dun correcto marketing electoral. Ata aquí todo o dito é bastante razonabel, bastante normal para a forma de afrontar a política actualmente.

Sen embargo, e aquí é onde empezan os matizes,cando se constatou a necesidade de articular o que viñamos en chamar terceira vía, de dar un espazo distinto as persoas que crían superadas os tradicionais esquemas políticos de dereita-esquerda, a resposta a dar sempre viña matizada pola ruptura dos esquemas tradicionais de facer política. Vistas as propostas anteriores, coido que estamos respostando a necesidade desa nova alternativa política, onde uns cuantos nos apuntamos, coas mesmas receitas tradicionais.

O dilema, poderiamos decir, e que estamos a construir unha boa alternativa política, no sentido de que é posibel o seu éxito traducido en escanos é presencia nas institucións, ¿pero estamos a construir una alternativa que represente esa terceira vía, da que cada un de nós ten a súa particular visión ?, ¿estamos a constriur ese espazo de convivencia, de superación de vellas posturas doctrinarias?.

Sei que é dificil manter o equilibrio entre pluraridade e a necesidade de "uniformidade", entre a necesidade de ter presencia nas institucións e a travesía do deserto, entre a resposta clara e o debate interminabel... O reto que todos temos por diante e conquerir navegar entre a simplicidade efectiva e a complexidade esteril. Ser facilmente etiquetables (por desgracia nalgúns casos como os "anti..") ou converternos nunha panda de chiflados incapaces que se pasan a vida debatindo. Sei que é dificil...pero esto da terceira vía ninguén dixo que fora fácil, e posiblemente, se non fora por algún grupo de chiflados, nen sequera estariamos aquí.


Non teño dúbidas do futuro éxito do partido, pero que este éxito non nos faga esquecer a complexidade que deberiamos representar, ainda que as veces parezamos incoherentes , deslabazados... ou simplesmente perdidos en tanta complexidade.

Bo Nadal a todos, os impacientes e aos que xa perderon a paciencia.

PD: non hai fórmulas máxicas.




martes, 25 de noviembre de 2008

La Regenta

Me trae mi hija un dibujo y no dejo de ver en esta preciosa princesa a la heroína de esta extraordinaria novela, Ana Orozco. Una heroína en medio de un mundo gris, no tan refinado como el que se desprende de las novelas de sus contemporaneos ingleses o franceses, un mundo de provincias que hace gala del nombre de la ciudad en donde se desarrolla la trama: Vetusta. Una heroina que vive una gran frustración porque las historias de amor de las que debería ser participe, las protagonizan unos necios, unos hipócritas, como la propia sociedad que les da cobijo y que los aupa a lo más alto.
Ha de saber lector, que en esta novela, aparte de sus cualidades literarias indiscutibles, podrás descubrir una parte de nuestra historia que parece olvidada, que parece enterrada en esa tonalidad gris que cubre todo lo que se refiere a nuestra historia en el siglo XIX, y a poco que este atento, podrá incluso explicarse muchas cosas de nuestra sociedad actual, de nuestro pueblo, de nuestra ciudad, de nuestro país...y todo ello llevado de la mano inmisericorde de Leopoldo Alas "Clarín".

Hasta aquí la novela.


Ahora el retrato,
y ahora la historia del retrato:


Después de creer sentir sobre la boca el vientre viscoso y frio de un sapo, nuestra heroína regresó a su casa sin grandes esperanzas. Quien le iba a decir que pronto conocería a ese caballero inglés tan apuesto y galán que se dejaría caer por Vetusta por error, y que antes de salir huyendo de tan triste ciudad se llevaría a nuestra heroína cogida de su brazo. Ana recorrerá el mundo entero, conocerá mucha gente, buena, mala, humilde, soberbia, pero sobre todo disfrutará de la amistad y del amor. Años más tarde, los dos enamorados, se intalarán en un pequeño pueblo de los picos de europa, en una hermosa casa con un gran jardín, donde serán muy felices... y donde no llegará nunca Vetusta.

Esta es la verdadera historia de Ana Ozores, una vez que finaliza la novela comienza su vida.Y de ello da fe este hermoso retrato.

jueves, 20 de noviembre de 2008

Non a pornografia infantil

No Día Universal do Neno, desde este recuncho queremos expresar toda a nosa repulsa contra a pornografía infantil. Os nosos desexos é que entre todos poidamos construir un mundo mais xusto, onde os nenos sexan simplemente eso, nenos.


domingo, 9 de noviembre de 2008

O Legado Trasorras-Carracedo


Querida Esther:

Dedícote estas verbas para que saibas que os peixes que deixastedes na nosa casa como testemuñas do voso paso polas nosas vidas atópanse todos ben, como poderás apreciar na fotografía adxunta.




Sen embargo temos unha inquedanza que quixeramos compartir con vos. Recordarás que no acuario viña unha especie de minúsculo caracol, do cal algunhas veces alcanzabamos a ver unha especie de diminuto tentáculo. Comentarasme que era un caracol traído das escuras augas coñecidas polos mariñeiros coma “o Profundo”. Pois ben, o caracol desapareceu. Sinceramente o feito en si non tería maior importancia, pois tiña algo escuro e desagradable que facía que desexaras non atopalo coa vista, polo cal da súa desaparición pronto todos esquecémonos.

O que agora voute a contar ben pode ser froito do meu maxín ou das noites en vela. Fai dúas semanas, en medio daqueles días primaverais con que nos ten obsequiado este estraño inverno, atopamos un pequeno rastro de auga que viña dende a xanela do salón e detíñase fronte da porta pechada da habitación onde se atopa o acuario.Era un rastro coma o que deixaría un caracol… Antonte descubrimos o que quedaba de Pardelo, o can que vagaba ceibe polos campos dos veciños. Daquel fermoso animal non quedaba ren. Como podes imaxinar veu a policía local e cundiu certo nerviosismo entre os veciños pensando na clase de alimaña que podería facer unha cousa así.

Naquel momento era incapaz de poder atopar algunha relación entre o caracol do “profundo” e o que estaba acontecendo… ata esta noite que espertei sobresaltado por un rumor, un son viscoso producido por unha masa enorme que se arrastraba arredor da casa, que quería voltar o seu fogar…escríbote estas verbas mentres contemplo o acuario, a calma dos peixes ,a súa quietude…e sego a sentir a presencia informe e viscosa do outro lado da xanela, pero esta vez o son que escoito non é un rumor, non é un reptar acuoso, é unha chamada, e chama por min.

jueves, 6 de noviembre de 2008

Para cando mamá esta de viaxe.


Texto: "te queremos mucho mama" (coro)
mamá: muchas gracias.

Chove, sae o arco da vella e a herba e azul, coma case sempre...

sábado, 25 de octubre de 2008

Da Lingua ( branco ou negro, ou non hai sitio para os diglósicos).


Nestes días o mais consecuente tería sido por algo sobre a crise, pero non son capaz de illarme deste tema da lingua, o cal desexaría abordar cun profundo respecto e sen ánimos de ofender a ninguén, ou polo menos con ánimos de manter un debate sosegado.

As posturas que se van definindo ( na sociedade civil e no parlamento galego, aínda que non sempre coincidentes) van debuxando un panorama que nos leva á confrontación e a desavinza, sobre todo no tocante ao uso do idioma no ámbito do ensino.

Dun lado, a postura de asociacións que defenden o dereito a elixir dos pais o idioma no que os seus fillos sexan escolarizados, o que na práctica suporía a existencia de dous modelos educativos, aló menos no referente ao idioma: centros co idioma vehicular en castelán e centros co idioma vehicular en galego (aínda que ambos idiomas , como sinatura, foxen obxecto de estudio en ambos modelos, como na actualidade ocorre co inglés).Aparte do custo que suporía tal modelo educativo, non teño dúbidas, de que a súa implantación si sería o comezo dun auténtico conflito baseado no idioma entre os propios galegos de consecuencias imprevisibles: creándose dous grupos sociais perfectamente diferenciados , afondando no divorcio entre a Galicia urbana e a Galicia rural …

Pero toda reacción ten a súa orixe nunca acción. E a orixe é o actual decreto de ensinanza referente ao uso do idioma no ensino. Se o anterior decreto (PP) era un auténtico coador para o uso do galego no ensino, facéndose a vista gorda para que na práctica fose papel mollado, o actual, non fai mais que por de manifesto o cambio de cor do poder político. Agora é o castelán o idioma que pode quedar relegado (ao amparo das porcentaxes establecidas en dito decreto) a un lugar puramente testemuñal. Nun tema onde deberíamos procurar o consenso político e social mais amplo posible, optase por que sexan as opción políticas de quenda as que impoñan os seus criterios, e estes criterios responden inevitablemente á lei do péndulo: se estou eu, un mínimo do 50% do ensino en castelán e de aí para arriba , pola contra se chego eu ao poder, un mínimo do 50% en galego e de aí…).

Fraco favor para o idioma a actitude de aqueles, que partindo de posicións totalmente lexitimas acaban unindo a defensa do idioma a conceptos puramente políticos discutibles e moitas veces excluentes (pobo, estado, non estado, territorio…).


Esta visto, non hai sitio para os bilingües, non hai sitio para defender unha educación baseada no uso dos dous idiomas (ao 50%), ou incluso, mirando mais aló, incluíndo ao inglés (33%-33%-33%). Vaia trilingües!!! Se xa temos bastante con estes malditos enfermos diglósicos.

jueves, 16 de octubre de 2008

Comenzo da tempada deportiva

B., L. e K. comenzaron a tempada deportiva. B. e L. fan judo no seu colexio e teñen un excelente profesor. K. ten que desprazarse ata A Coruña para practicar Aikido. Así coma confiamos en que B. e L. serán constantes e sacarán moito proveito, agardemos que K. teña suficiente vontade para coller o coche, perder 40 minutos no atasco diario da cidade e.. aprender algo (K. tamén ten uns excelentes maestros).

Unha imaxe vale mais ca mil palabras. De momento non sae nin L. nin B. nin K., pero todo ao seu tempo.


lunes, 6 de octubre de 2008

Agardando a Godot.


En primeiro lugar dicir que este post non ten moito xeito nestes momentos. As noticias corren mais que os meus pensamentos, que as miñas verbas. Pero o excelente debuxo feito por B. pedíame este titulo, e ben, aquí está. E esquecendo a chamada recibida fai un par horas, escrebo coma se non a tivera escoitado.

Xa pasou un mes e medio dende aquelas “reflexións” e non ten ocorrido nada aparte dalgunha descualificación e de moitos distanciamentos. O que estaba parado segue parado, os que estaban contentos de coñecerse, seguen contentos por terse coñecido e os que protestaban … os que protestaban optaron por varias vías:

- aos que se lle pode aplicar perfectamente a expresión “os que protestaba”, pois xa non están. É a maxia da política con aqueles que son humildes, pouco ambiciosos, que foxen do protagonismo, que traballan… de repente xa non están. Fóronse sen facer ruído e so algún rostro de satisfacción lémbranos que algún día estiveron aquí.
- Os que seguen a querer facer algo que implique un cambio na organización do partido. A imposibilidade de contactar con outros afiliados, de por en común inquietudes e desexos…produce mais desilusión naqueles que coñecen as ferramentas pero non saben como aplicalas ou tan sequera a posibilidade de aplicalas.
- Os que agardan por Godot. Dentro dun ano chegará Godot e arranxará tódolos problemas, porá luz onde hai escuridade, paz onde hai discordia, traerá o lado luminoso da forza… en fin, que un mentres agarda por Godot pode darlle moitas as o maxín.


Non penso agardar por Godot (descartado último grupo) e sego aquí (descartado primeiro grupo)… a desilusionarse toca.

P.D: a verdade é que é moi difícil escribir coma se un non recibese esa chamada. A un bo amigo acaban de comunicarlle a súa expulsión. Na súa vinganza procedo a desconectar ao malvado Hal 9000, e que cada un lle poña o nome ou o rostro que queira.


sábado, 27 de septiembre de 2008

Vida y destino (Vasili Grossman)



A veces uno se encuentra dándole vueltas a un tema y todo lo que hace, lo que ve en la televisión, lo que escucha parece estar relacionado con ese tema. Así, durante estos días, la lectura de Vida Y destino me ha devuelto, desde el pasado, una hermosa respuesta a debates que a la luz de esta lectura se vuelven estériles y ridículos.

Ridículos por las dramáticas circunstancias en las que se desarrolla la obra ( la batalla de Stalingrado) y estériles porque la historia se repite sin compasión.

El bien, el mal, la verdad, la mentira, la utopía…así, como conceptos absolutos, tienen la característica universal, por encima de cualquier ideología, raza, bandera o país de convertirse en monstruos. Frente a ellos, la creencia del viejo Tolstoista preso, la felicidad, el bien, la verdad de las pequeñas cosas, de nuestros actos cotidianos se convierte en lo fundamental para luchar por un mundo más justo.

La amistad. El encuentro que emociona a dos viejos camaradas hasta que reviven las diferencias que los separaron en su momento (uno bolchevique y otro menchevique) y que volverá a sembrar el recelo entre ambos. Por si no lo había dicho, el reencuentro se produce en un campo de concentración nazi.

El amor que derrumba al más fuerte y da apariencia humana al más duro. El amor que sustenta la dura realidad de todos los que se asoman a esta historia, que hace desaparecer el miedo y la soledad de la mujer y el niño judios camino de la cámara de gas.

La dignidad del que no consiente los atropellos, las difamaciones, el aplastante yugo del estado. Su orgullo cuando lo vence…y su debilidad cuando es de nuevo vencido. El estado puede perdonar una vez (refuerza su carácter benévolo), pero no puede perdonar dos veces (no puede considerarse débil).

La fe de los que luchan contra el avance del monstruo nazi bajo el terror Stalinista. La casa 6/I ,la casa en tierra de nadie, el símbolo de la resistencia, el símbolo del abandono…sus habitantes ya no son de esta realidad, ya no son de este mundo, ya no son de esta patria. Luchan solos. Algo muy poco aceptable para el Partido aunque dejen sus vidas y sus cuerpos llenos de piojos entre esas inexistentes paredes de la casa 6/I.

En cada vida de cada personaje de esta obra, todo lo anterior se mezcla en distinto grado, pero en todas, en los que triunfan, en los que pierden, en los que son ensalzados, en los que son destruidos, hay esperanza, hay vida, así, con minúsculas.


Gracias por todo Vasili Grossman.


La casa 6/I antes de la batalla.

jueves, 11 de septiembre de 2008

A (s) Chamada (s) de Cthulhu

En homenaxe ao grande mestre do terror Lovecraft e seguindo a estela da magnífica película "A chamada de Cthulhu" que podedes ver no blog "O artefacto do Chicotilo" (enlace na columna dereita), aquí vos deixo esta xoia e que vos estremezades a gosto...

domingo, 31 de agosto de 2008

Watchmen


Cuando uno se empezaba a meter en el mundo del comic “para adultos” (solo un poquito) aparece esta joya y le reconcilia con todo el universo de superhéroes (sobretodo Marvel) con el que había crecido, porque los superhéroes también han crecido: se han vuelto “humanos”, dudan, sospechan, son necios, desconfian, aman y se traicionan...

Y a la hora de enfrentarse al mal, ese mal que no se puede identificar con un supervillano enmascarado, nos encontramos con las respuestas que cientos de personas han dado antes a lo largo de la historia de la humanidad, con las respuestas que han servido de base a la construcción de distintos sistemas políticos, a actuaciones que han cambiado el curso de la historia (para bien o para mal, quien lo puede decir) o a la falta de las mismas. Así, en Watchman nos encontramos:

- con el super-superheroe (quizás el único que pueda considerarse así de toda la historia) que se sitúa por encima de las cuestiones y dilemas de los hombres. Su actuación podría pararlo todo en cualquier momento, cambiar los acontecimientos en uno u otro sentido, pero decide no intervenir en ese mundo de hombres. ¿No intervenir?, no quiero contar la historia pero al final que cada uno juzgue si interviene o no.

- Con el superhéroe más inteligente de todos, más racional, , más educado, más brillante, que consigue el éxito en todo lo que se propone…y lo que se propone no entiende si los medios que utiliza son buenos o malos, son simplemente los necesarios para conseguirlo. El fin justifica los medios.

- Con nuestro adorado Quijote. Sucio, trastornado, violento…lo que está bien está bien y lo que está mal está mal, tanto da el fin que persigas, si haces el mal eres de los malos. Y allá va enfrentándose a lo imposible hasta las últimas consecuencias.

Para finalizar, una reflexión: la verdad de toda la historia acabará en manos de un “periódico” al que no podemos más , con mucha benevolencia, de tachar de panfleto, libelo o prensa amarilla. ¿Es cierto que la “verdad” siempre acaba triunfando?.

Proximamente



miércoles, 20 de agosto de 2008

Reflexionando. (Da terceira vía….III).

Porque quizás xa toca pararse e reflexionar. Pararse, mirar atrás e contemplar os feitos, contemplar o camiño andado e as voltas e reviravoltas do mesmo. Parar e non contestar hoxe dunha forma e mañá doutra.

Porque un xa non sabe o que é nin para un mesmo nin para os demais: oficialista, stalinista, asembleario, rexeneracionista, crítico, cibercabra, foreiro… parodiando: “nunca tan poucos puideron ser tantas cousas”.

Por que a piques de cumprirse un ano dende o nacemento do partido, toca reflexionar sobre a evolución do mesmo, ¿é mais forte hoxe ¿ ¿Qué temos feito para estruturalo, para darlle forma? ¿Que fixemos para poder convertelo nunca alternativa as outras grandes opcións políticas?.

O propio éxito electoral e a obtención dun escano non poden agochar a sensación de estancamento que cada vez comparten mais afiliados. Toca reflexionar, si, e preguntarse que temos aportado cada un de nos (oficialistas, cibercabras, foreiros…) para chegar a esta situación. Pero estas, como non poden ser doutra forma, deben ser reflexións persoais, con ira ou sen ela…iso ao gusto de cada un. Pola miña parte, e mais como parte responsable desta situación, mais con intención de mirar ao futuro que de xulgar o pasado, gostariame compartir con vos a miña propia reflexión:

- Necesitamos “retroceder” ao estado inicial, onde as persoas apenas nos coñeciamos e non había lugar para as etiquetas (foreiros, rexeneracionistas, cibercabras…) porque queriamos construír un partido politicamente “transversal”.

- Necesitamos parar todos os expedientes abertos ou que estean por abrir (x-files para os amigos).

- Necesitamos da “Internet” como a poderosa ferramenta que é para posibilitar a comunicación horizontal entre todos os afiliados.

- Necesitamos construír un partido que non siga baseando a súa estrutura unicamente no principio da confianza . A estrutura do partido ten que empezar a construírse de abaixo para arriba, pola vontade e libre elección dos afiliados ao mesmo: escollendo os seus representantes nos comités locais, nos provinciais, nas coordinadoras territoriais, no consello político e no propio consello de dirección. Despois deste ano de experiencia, poucas dúbidas poden caber de que non son estes procesos (darlle a voz aos afiliados) os que producen a división no seo dun partido. Tanto da, no noso caso, que o congreso sexa este ano ou o ano que ven, a división , os odios, as enemistades xorden do mesmo xeito.

- Necesitamos un partido que nos permita opinar, construir, criticar, disentir, traballar, coñecérmonos. Necesitamos un partido con líderes e non líderes sen partido.

Agradecendo a vosa atención mais nada. Necesitaba dicilo.

sábado, 26 de julio de 2008

Da terceira via e dos terceiristas (II). Parábola.


No comezo , un grupo entusiasta, todo está por facer. Nunha cidade moi importante do noso pais convócase aos afiliados, militantes , simpatizantes e demais espécimes. Ponse sobre a mesa distintas accións de traballo. Un grupo pide que ditas accións sexan votadas por todos, que que é iso que xa veñan propostas, que así non se fan as cousas. Esta ben, vótanse as acción a levar a cabo. Feitos: apróbanse unha serie de accións e pídense voluntarios para plasmalas na realidade. Os que levan a cabo as devanditas tarefas son os mesmos que as propuxeron. Os que pedían votar e que de feito votaron cales debían facerse non aparecen por ningún lado.

Meses mais tarde. Aqueles que votaban e non aparecían son agora os que propoñen as accións a levar a cabo. Feitos: as propostas séguense sometendo a votación (polo menos entre eles) e tamén, a hora de levalas a práctica seguen sen aparecer por ningún lado (agora teñen un “status” por riba dos demais mortais).

Conclusión 1: “ Sinceramente, querida, impórtame un bledo” (Red Butler).

Conclusión 2: “Pódese confiar nas malas persoas, non cambian xamais.”.(Faulkner William).

Conclusión 3: “Que lle corten a cabeza” (Raína de Corazóns)

PD: a elixir.

miércoles, 16 de julio de 2008

Darfur.

O pasado 14 de xullo o fiscal do Tribunal Penal Internacional, Luis Moreno Ocampo, solicitou unha orde de detención contra o presidente de Sudán Omar Al Bachir, acusado de xenocidio, crimes de guerra e de lesa humanidade en relación o conflito de Darfur, no que aproximadamente xa morreron mais de 300.000 mil persoas e outras 2,5 millóns foron desprazadas dende o seu comezo no ano 2003.

Segundo o propio fiscal , "as violacións, a fame e o terror son as tres principais armas para, ante os ollos do mundo, e baixo vixilancia internacional, cometer xenocidio. Bashir comete xenocidio sen utilizar balas nin machetes."

Tras este anuncio, unha serie de países: China, Irán, Exipto , Tanzania e a Liga Árabe condena a intromisión do TPI nos “asuntos internos” de Sudán. As ONG aplauden a medida aínda sabedoras de que seguramente serán as primeiras damnificadas e as organizacións internacionais: a ONU e a Unión Africana anuncian a retirada do persoal non esencial da zona. As tropas despregadas da UNAMID, segundo un alto responsable da Unión Africana, non se van marchar da rexión para continuar coa súa misión.

Ata aquí un relato brevísimo destes días, que aló menos, tiveron a forza de volver a poñer un conflito esquezido nas portadas dos nosos periódicos e telediarios (semella que os conflito en Africa ou alcanzan cotas de barbarie inimaxinables ou non existen).Un relato que xa nos soa a repetido e coñecido ,e que polo tanto non invita a nada bo. Pero neste caso quero chamar a atención das propias palabras do fiscal do TPI cando na rolda de prensa afirma que dito xenocidio estase cometendo ante os ollos do mundo e “baixo vixiancia internacional”. Cando o alto responsable (sic) da Union Africana di que as tropas despregadas non se van marchar da rexión e que seguirán para cumprir a súa misión ¿a que misión se refire? Quizás a misión que lle adxudica o propio fiscal do TPI: ser testemuñas de que efectivamente o que ocorre en Darfur é un xenocidio.

¿Para que son as misións de Nacións Unidas e organizacións satélites? ¿para que se mandan soldados a zonas en conflito? Gostariame contestar que para protexer “por tódolos medios necesarios”a aqueles que están ameazados, e a súa vez para protexer a aqueles que acuden na súa axuda, pero unha vez mais parece que están para levantar acta ante o mundo que o que ocorreu, ocorre e ocorrerá en Darfur, é efectivamente un xenocidio.

Somentes agardemos que non volte a caer no esquecemento o sofremento de tantas persoas..

domingo, 13 de julio de 2008

Rata Parda


La madre naturaleza, al dotar a este animal de su característico color amarillo, quizás ya nos este advirtiendo de su peligrosidad. Y aquí mismo, a las dos líneas de empezar a hablar de la Rata Parda es donde tiene que aparecer toda la sabiduría del profesor Camilo P.B. para poner luz a uno de los misterios que han atormentado a la humanidad desde el inicio de los tiempos: ¿por qué se le llama Rata Parda si su característico color es el amarillo?.

Después de sesudas investigaciones con los más grandes semióticos, lingüistas, y antropólogos de las mejores universidades del mundo, después de profundizar en un mundo de lecturas que van desde Kierkegaard , pasando por Freud, Abdul Al-Hazred y llegando a Corin Tellado, el profesor Camilo P.B. ha establecido el origen del nombre del mencionado animalillo en la antigua china imperial, donde era conocido como “Rata Parla”: la rata parlanchina, que solo se escucha a sí misma, que no puede parar de hablar y que se alimenta de la energía vital de los incautos que le prestan atención.

Que a nuestros días haya llegado con el nombre de rata parda se debe a la conocida incapacidad de los orientales con la letra R lo que daba lugar a que pronunciaran su nombre como Rata Palla, expresión que no producía ningún terror en aquellos que lo escuchaban. Los germánicos, algo cansados de que a un animal tan peligroso se la llamara con un nombre tan ridículo, y quizás conocedores de lo que, siglos más tarde, se les vendría encima, decidieron llamarla “Rata Parda”. Y así quedo, según el profesor, porque los germánicos no son como los orientales que inclinan la cabeza y te saludan amablemente, sino que …bueno, hubo un intento por parte de la Universidad de Miskatonic (Massachussets) de denominarla “Rata amarilla Parlanchina”, y los orientales que inclinaban la cabeza y saludaban amablemente , dejaron de inclinar la cabeza y de saludar amablemente y…

Por limitaciones evidentes no podemos extendernos más, muy a nuestro pesar en la brillante teoría del profesor Camilo P.B. sobre el origen y mutaciones del nombre de la Rata Parda, porque antes de despedirnos debemos hacer referencia al ataque más famoso realizado por la Rata Parda del cual tengamos constancia.. Os dejo con las palabras del profesor:

“esto era en París allá por el 1673?, una compañía de teatro dirigida por un tal Moliere representa “El enfermo Imaginario” obra de su propia creación. Después de la tercera representación, uno de los figurantes cae enfermo, para sustituirlo se contrata, sin saberlo, a una Rata Parda, que dicho día estaba afónica y que entre gruñido y gruñido quedaba muy bien en el pequeño papel del figurante enfermo. Al día siguiente, cuando tiene lugar la cuarta representación, la Rata Parda recupera la voz y una figura amarilla que no para de hablar va creciendo y creciendo y creciendo… lo demás es historia, como el mismo epitafio de Moliere:

«Aquí yace Moliere, el rey de los actores. En este momento hace de muerto, y de verdad que lo hace bien».

Me despido del profesor Camilo P.B. en la puerta de su despacho. Observo que hoy viste pantalones cortos de deporte, tenis y sudadera…tanta vitalidad nunca dejará de sorprenderme.

P:D: la Rata Parda también se alimenta de la energía vital de otras ratas pardas. Menos mal.

lunes, 7 de julio de 2008

Asterix y Obelix

Su comida preferida es el jabalí. Asterix es pequeño y Obelix es algo gordo (pero sí que es gordo). Son amigos y vecinos y también nacieron el mismo día. Van a buscar a los romanos para "cargárselos" y si vienen a su aldea también se los cargan (solo van a la puerta de la aldea, no entran).
Asterix y Obelix viajan mucho porque tienen aventuras y misiones para ayudar a gente como ellos: bretones, normandos...Tienen muchos amigos. Están dirigidos por un jefe, el jefe Abraracurcix que también es un poquito gordo pero también es muy fuerte.
Todos los de la aldea tomán la poción mágica para combatir con romanos,la poción la hace el druida Padoramix, Panonamix, ! Panoramix ¡.
A mi me gustan mucho los libros de Asterix porque son muy valientes, graciosos, viajeros, porque son muy buenos y los dibujos son muy bonitos.
Ahí va el mio:

lunes, 16 de junio de 2008

Da Terceira Vía e dos Terceiristas (I)

Supoño que o nacemento de novas correntes de pensamento foron sempre tan axitadas como esta da Terceira Vía. Tentar que confluía o mellor da tradición liberal (de liberdade individual) co mellor que ten acadado a esquerda (estado do benestar) deixa un amplo marxe para que cada un que se sinta atraído por esta nova corrente teña a súa propia idea de coma ten que ser a Terceira Vía.

E ata aquí ningún problema. O problema xurde cando ese pensamento , do cal cada un ten a súa propia visión, ten que plasmarse nunha organización : conseguir que dita organización sexa áxil e o mesmo tempo compatible co discurso da rexeneración democrática (participación dos afiliados). Ante este dilema os Terceiristas optan por:

- ter un esquema semellante ó dos demais partidos tradicionais (uy que pecado):. Estrutura xerárquica, Congreso cada catro anos con renovación de cargos e existencia de listas alternativas…onde Internet é fundamental para permitir a participación das distintas persoas que compoñen a organización na elaboración de distintas propostas políticas (electorais ou non ) e na vida da propia organización.

- como somos super guais, creamos a organización superdemocrática. Cada pequeno grupo mínimamente organizado vota o que ten que ser a vida do partido, e como nós votamos, entón estamos superlexitimados para que así sexa. Que outro grupo de non sabemos onde, e do cal tampouco sabemos porque ten que votar, decide (por votación iso si) que a vida do partido ten que ir por outros derroteiros, entón cabreámonos e acudimos a Internet, que para iso está, e montamos un foro onde nos poñemos a parir os uns os outros e a caer dun burro…e así nun bucle espazo temporal, que parece mentira que se poida facer sen recorrer a sustancias alucinóxenas.

Queridos Terceiristas: tentar aglutinar o mellor do liberalismo co mellor do socialismo, cando non se é capaz de outorgar a mais mínima confianza na persoa que está o teu lado, semella unha tarefa farto improbable.

PD.: parece que o descrito anteriormente é común a maior parte da fauna política. Entón…

domingo, 8 de junio de 2008

Perro Flauta


Las escasas noticias de la existencia de este animal, se las debemos al titánico trabajo de recopilación oral realizado por el profesor Camilo P.B., trabajo que con gran generosidad y altruismo comparte con todos aquellos que le rodean.

De las palabras del profesor deducimos que el Perro Flauta no es un animal muy avispado, mas bien falto de luces, eso sí, de sus actuaciones, francamente desconcertantes, no se desprende que actúe con ningún tipo de maldad, simplemente es así. En cuanto a sus hábitos alimenticios, podemos afirmar, sin faltar a la verdad, que dicho animal es omnívoro. En cuanto a otros hábitos de comportamiento, no es este el lugar adecuado para reproducir las palabras de nuestro admirado profesor, pero, por si sirve de algo, digamos que en este asunto sigue prevaleciendo su característica principal, a saber, la “falta de luces”, lo que por desgracia ha llevado al Perro Flauta a engrosar las listas de animales amenazados de extinción.

Que lo poco que sepamos del Perro Flauta responda en su totalidad a la personalidad del propio profesor Camilo P.B., nos abre las puertas a un mundo, ciertamente, inquietante: ¿Cuánto de la propia personalidad del profesor reside en la personalidad del Perro Flauta?, ¿Cuánto de ficción?, ¿Cuánto de realidad?, ¿de que se conocen?, ¿son amigos? , ¿son algo más que amigos?...interrogantes que dejamos flotando en el aire como nudos gordianos que las generaciones futuras deberán deshacer.

domingo, 1 de junio de 2008

Canción de Hielo y Fuego. George R.R. Martin.

Ante nosotros una maravilla de la literatura contemporánea. Que difícil intentar hablar de esta saga, de la que actualmente se han publicado en castellano cuatro entregas: Juego de Tronos, Choque de Reyes, Tormenta de Espadas y Festín de Cuervos. Que difícil porque todas las comparaciones son odiosas. Inevitablemente, cuando le hablas a un amigo de este libro sale a a colación el Señor de los Anillos, y tras unos segundos de pausa, inevitablemente también tienes que decir que no tiene nada que ver ni con el señor de los Anillos ni con todos los productos derivados de su mundo fantástico.

En el universo de Martin, los buenos son buenos, los malos son malos y , a veces, los buenos son malos y los malos son buenos, y la magia… pues eso, también existe,está ahí, bien como una amenaza ,o bien, como una esperanza… un universo encarnizado, donde la lucha por el poder marca el devenir de los distintos (y múltiples personajes) y donde las apariencias son solo eso, apariencias. Como bien apunta en el prólogo del último volumen publicado, Festín de Cuervos, Alex de la Iglesia, la experiencia en el mundo audiovisual de Martin queda reflejada en cada capitulo de su obra, capaz de mantener el interés del lector hasta la última página, y como los buenos folletines del siglo XIX dejarnos en la más absoluta zozobra cuando acabamos cada volumen y tenemos que esperar a la publicación del siguiente para saber que le ocurre a esos personajes con los que hemos establecido tantas complicidades (de afecto, de odio…).

Hemos empezado este Post diciendo que esta obra es una maravilla de la literatura contemporánea, y queremos reafirmarnos en ello, pues muchas veces hay como un cierto menosprecio a considerar este tipo de obras como auténtica literatura (si , muy visuales, muy fantásticas, muy interesantes…). Cuatro volúmenes, de media unas ochocientas páginas cada uno, capaces de dejar al lector literalmente pagado a su lectura y deseando que nunca se acaben ya es una buena razón para tener en consideración “canción de Hielo y Fuego” como una gran obra literaria. Como anécdota, decir que la técnica empleada, cada personaje va desgranando la historia según su punto de vista, es una técnica que encontramos en clásicos como nuestro admirado Wilkie Collins en sus mejores obras (La Piedra Lunar y La dama de Blanco).


Un aviso antes de finalizar: ciertos personajes no escatiman a la hora de ser crueles (sangre y sexo). Y para finalizar, que oportunidad para que un periódico, revista o dominical publicase la obra por entregas…


En la ilustración Jon Nieve y su lobo huargo "Fantasma".



miércoles, 21 de mayo de 2008

K. en Mundo Política.


Si. Neste blogue tamén imos facer sitio á política, mais concretamente as aventuras e desventuras de K. en Mundo Política. Sen embargo antes de comezar a ditar cátedra e servir de guía ás xeracións presentes e futuras , compre deixar claras algunhas cousas:

1.- A propósito de k. O primeiro que podemos dicir é que non presenta na súa traxectoria o que poderíamos chamar unha “liña Coherente”, mais ben, bastantes bandazos a babor e a estribor, iso si, todos eles bastante ben fundamentados, ou iso cree K, que por outra banda pon moita ilusión nos proxectos nos que se embarca. Froito de tanto ir e vir, quédalle unha sensación de mareo, unha amálgama de conceptos e rostros de moitos amigos dun e doutro bando polos caes sinte un profundo respecto. Fora disto non temos constancia de ningunha contribución brillante ó mundo da filosofía política ou do pensamento contemporáneo pola súa parte. Ben , coma tampouco trátese de facer leña da árbore caída.. ¿xa dixemos que K. pon moita ilusión naquilo no que se embarca?...

2.- Mundo Política: despois de esbozar uns aspectos de K., Mundo Política, que non é outra cousa mais que a visión de K. da política, non podería ser menos que un mundo circular. Pasamos de ser asemblearios que devecen por ter cadros coma en calquera outro partido de corte clásico (¿pero aquí quen raios decide as cousas?) a ser cadros dun partido de corte clásico que devecen por ter a aprobación da inexistente asemblea (temos que decidir entre todos).


Dito isto xa podemos comezar, de atrás para adiante e de adiante para atrás e tamén polo medio. Pero xa ninguén poderá chamarse a engano.

viernes, 16 de mayo de 2008

un hamster ha desaparecido


Es un hamster pequeño, gris claro, ruso "robodosky", o algo así. Se llama Lila y que sepa que le hemos dejado comida en su plato. Trepa muy bien, es muy bonito y le gustan mucho las pipas.

jueves, 15 de mayo de 2008

Wilkie Collins

Wilkie Collins (1824-1889) es uno de los autores que más tardiamente hemos descubierto, por ello, queremos que sea el primero con el que abramos esta sección dedicada a aquellos libros y escritores que más nos gustan.

Con Wilkie Collins hemos recuperado (después de etapas mas sesudas y grises) el auténtico placer de la lectura, esa sensación tan agradable que nos asalta cuando antes de acostarnos recuperamos de la mesilla el libro que estamos leyendo. Con las novelas de Wilkie Collins el reencuentro es siempre amigable: La dama de blanco (La mujer de Blanco), La piedra Lunar, Sin Nombre, La Ley y la Dama, La respuesta es no...por ellas desfilan heroinas, heroes y malvados maravillosos (nada comparable al Conde Fosco) en un marco victoriano idealizado donde cuando nos cruzamos con una dama no podemos más que hacer el ademán de levantar el sombrero o prepararnos una taza de te para recuperar el sosiego.
Sin duda, desde Bosque de Deuses , os recomendamos su lectura y que disfruteis tanto como nosotros.

miércoles, 14 de mayo de 2008

Manifesto e outras vaguedades do Bosque de Deuses

Reunidos k., B. e L., e coa ausencia de E. que está traballando o cal nos permite os demais adicarnos a cousas como esta..., queremos facer unha declaración pública, manifesto, vontade de intencions ou como queirades definilo xa que nós renunciamos categoricamente a facelo, en vistas de que hoxe e un día tan bo (e dicir temos mais tempo) para tal fin coma outro día calquera (e dicir teriamos igual de tempo), do que queremos facer e expresar neste sitio da rede, e mais, a falta dun "facedor de manifestos profesional" (a pesares da insistencia dalgúns dos membros da redacción), facémolo sen ningún orde lóxico nin coherencia interna, axustándonos o mais posible ó acta levantada no seu momento por B. (a cal reproducimos), pois consideramolo instrumento suficiente para non desmerecer de manifestos anteriores. Sen mais aí vai:

1- Recoñecemos a existencia dun Spiderman bo e dun Spiderman malo. O Spiderman malo vai de negro, ten unha boca que mete medo e fai fiu, fiu, arrrrggg¡¡¡ (mágoa de video). Sen embargo está distinción tan nidia no caso spiderman é moi dificil de levar a moitos aspectos da nosa vida.

2- A liberdade individual, coma sustento da nosa propia xenuinidade, está por riba de picaduras de arañas, experimentos con sustancias perigosas, mutacións, maldicións divinas e humanas...Desconfiamos dos dereitos colectivos e do humor cambiante da "masa".


3- Deixando de lado o universo marvel, felizmente recuperado por B., e antes de seguir adiante e por non enganar a ninguén, por aquí cheira un pouco a friki.

4- O punto anterior, o punto tres sí, non debería ser considerado un punto. (Deliberación: agora xa está.. cambialo no próximo congreso...eu non sigo.. aí vos quedades...).

5- Recompostos outra vez, queremos tamén falar do clima. Do clima dos outros paises. Do noso non que xa sae no telediario.De todos os outros paises tampouco, so de algúns.

6.- Queremos ter unha mente aberta e tolerante fronte os que son distintos de nós, teñen outras culturas e outras crenzas. Sen embargo, esa tolerancia non nos pode converter en fanaticamente relativistas. Non toleramos o maltrato físico nin moral, nin aquelas actitudes que vaian en prexuizo da dignidade das persoas ou atenten contra os seus dereitos mais fundamentais, sexan estas de caracter relixioso, político, etnicistas ou de calquera outra clase. Spiderman e a Patrulla X non están para aturar parvadas.

7- Ante a falta de consistencia do punto cinco , estamos agardando a que L. nos aporte algo no plano ecolóxico, non vaia ser que sexamos menos que ninguén.

8- os gatos cruzan a rúa sen mirar. Pardelo non, pero Pardelo é un can.

9- e fin.


Nota: as referencias os superheroes non teñen nada que ver coa noción de "superhome" de certo filósofo alemán. Dounos por aí porque algún de nós está posuido polo espírito de Spiderman, e eu por non ser menos e xa un pouco farto deste gañán de superheroe tiven que traer a escea á marabillosa Patrulla X. Mais nada.

* Primeiro manifesto con xogo: Atopa a referencia oculta a outro superheroe.

martes, 13 de mayo de 2008

reunión de la redacción

mi hija quiere hablar de los pájaros, dice que tiene información... También quiere hablar de las plantas ya que este es un periódico de plantas y árboles...que quieres ¿cosas de nuestro planeta o de nuestro universo?- del planeta para empezar.Vamos a ver lo que primero que piso la tierra unas minúsculas algas azules nacen en el mar, actualmente siguen existiendo, hace siete cero cero millones de años !Lucia a cenar! - puedes seguir copiando desde aquí ¿vale?.
Seguiremos copiando un poco cada día, en este rincón donde los norteños rezan a los dioses sin nombre, a aquellos que nunca les van a defraudar porque nada le piden, a aquellos que, sin excusas, se tienen que ir a cenar.

ya acabé la sopa ¿acabaste?