sábado, 25 de octubre de 2008

Da Lingua ( branco ou negro, ou non hai sitio para os diglósicos).


Nestes días o mais consecuente tería sido por algo sobre a crise, pero non son capaz de illarme deste tema da lingua, o cal desexaría abordar cun profundo respecto e sen ánimos de ofender a ninguén, ou polo menos con ánimos de manter un debate sosegado.

As posturas que se van definindo ( na sociedade civil e no parlamento galego, aínda que non sempre coincidentes) van debuxando un panorama que nos leva á confrontación e a desavinza, sobre todo no tocante ao uso do idioma no ámbito do ensino.

Dun lado, a postura de asociacións que defenden o dereito a elixir dos pais o idioma no que os seus fillos sexan escolarizados, o que na práctica suporía a existencia de dous modelos educativos, aló menos no referente ao idioma: centros co idioma vehicular en castelán e centros co idioma vehicular en galego (aínda que ambos idiomas , como sinatura, foxen obxecto de estudio en ambos modelos, como na actualidade ocorre co inglés).Aparte do custo que suporía tal modelo educativo, non teño dúbidas, de que a súa implantación si sería o comezo dun auténtico conflito baseado no idioma entre os propios galegos de consecuencias imprevisibles: creándose dous grupos sociais perfectamente diferenciados , afondando no divorcio entre a Galicia urbana e a Galicia rural …

Pero toda reacción ten a súa orixe nunca acción. E a orixe é o actual decreto de ensinanza referente ao uso do idioma no ensino. Se o anterior decreto (PP) era un auténtico coador para o uso do galego no ensino, facéndose a vista gorda para que na práctica fose papel mollado, o actual, non fai mais que por de manifesto o cambio de cor do poder político. Agora é o castelán o idioma que pode quedar relegado (ao amparo das porcentaxes establecidas en dito decreto) a un lugar puramente testemuñal. Nun tema onde deberíamos procurar o consenso político e social mais amplo posible, optase por que sexan as opción políticas de quenda as que impoñan os seus criterios, e estes criterios responden inevitablemente á lei do péndulo: se estou eu, un mínimo do 50% do ensino en castelán e de aí para arriba , pola contra se chego eu ao poder, un mínimo do 50% en galego e de aí…).

Fraco favor para o idioma a actitude de aqueles, que partindo de posicións totalmente lexitimas acaban unindo a defensa do idioma a conceptos puramente políticos discutibles e moitas veces excluentes (pobo, estado, non estado, territorio…).


Esta visto, non hai sitio para os bilingües, non hai sitio para defender unha educación baseada no uso dos dous idiomas (ao 50%), ou incluso, mirando mais aló, incluíndo ao inglés (33%-33%-33%). Vaia trilingües!!! Se xa temos bastante con estes malditos enfermos diglósicos.

jueves, 16 de octubre de 2008

Comenzo da tempada deportiva

B., L. e K. comenzaron a tempada deportiva. B. e L. fan judo no seu colexio e teñen un excelente profesor. K. ten que desprazarse ata A Coruña para practicar Aikido. Así coma confiamos en que B. e L. serán constantes e sacarán moito proveito, agardemos que K. teña suficiente vontade para coller o coche, perder 40 minutos no atasco diario da cidade e.. aprender algo (K. tamén ten uns excelentes maestros).

Unha imaxe vale mais ca mil palabras. De momento non sae nin L. nin B. nin K., pero todo ao seu tempo.


lunes, 6 de octubre de 2008

Agardando a Godot.


En primeiro lugar dicir que este post non ten moito xeito nestes momentos. As noticias corren mais que os meus pensamentos, que as miñas verbas. Pero o excelente debuxo feito por B. pedíame este titulo, e ben, aquí está. E esquecendo a chamada recibida fai un par horas, escrebo coma se non a tivera escoitado.

Xa pasou un mes e medio dende aquelas “reflexións” e non ten ocorrido nada aparte dalgunha descualificación e de moitos distanciamentos. O que estaba parado segue parado, os que estaban contentos de coñecerse, seguen contentos por terse coñecido e os que protestaban … os que protestaban optaron por varias vías:

- aos que se lle pode aplicar perfectamente a expresión “os que protestaba”, pois xa non están. É a maxia da política con aqueles que son humildes, pouco ambiciosos, que foxen do protagonismo, que traballan… de repente xa non están. Fóronse sen facer ruído e so algún rostro de satisfacción lémbranos que algún día estiveron aquí.
- Os que seguen a querer facer algo que implique un cambio na organización do partido. A imposibilidade de contactar con outros afiliados, de por en común inquietudes e desexos…produce mais desilusión naqueles que coñecen as ferramentas pero non saben como aplicalas ou tan sequera a posibilidade de aplicalas.
- Os que agardan por Godot. Dentro dun ano chegará Godot e arranxará tódolos problemas, porá luz onde hai escuridade, paz onde hai discordia, traerá o lado luminoso da forza… en fin, que un mentres agarda por Godot pode darlle moitas as o maxín.


Non penso agardar por Godot (descartado último grupo) e sego aquí (descartado primeiro grupo)… a desilusionarse toca.

P.D: a verdade é que é moi difícil escribir coma se un non recibese esa chamada. A un bo amigo acaban de comunicarlle a súa expulsión. Na súa vinganza procedo a desconectar ao malvado Hal 9000, e que cada un lle poña o nome ou o rostro que queira.