O pasado 14 de xullo o fiscal do Tribunal Penal Internacional, Luis Moreno Ocampo, solicitou unha orde de detención contra o presidente de Sudán Omar Al Bachir, acusado de xenocidio, crimes de guerra e de lesa humanidade en relación o conflito de Darfur, no que aproximadamente xa morreron mais de 300.000 mil persoas e outras 2,5 millóns foron desprazadas dende o seu comezo no ano 2003.
Segundo o propio fiscal , "as violacións, a fame e o terror son as tres principais armas para, ante os ollos do mundo, e baixo vixilancia internacional, cometer xenocidio. Bashir comete xenocidio sen utilizar balas nin machetes."
Ata aquí un relato brevísimo destes días, que aló menos, tiveron a forza de volver a poñer un conflito esquezido nas portadas dos nosos periódicos e telediarios (semella que os conflito en Africa ou alcanzan cotas de barbarie inimaxinables ou non existen).Un relato que xa nos soa a repetido e coñecido ,e que polo tanto non invita a nada bo. Pero neste caso quero chamar a atención das propias palabras do fiscal do TPI cando na rolda de prensa afirma que dito xenocidio estase cometendo ante os ollos do mundo e “baixo vixiancia internacional”. Cando o alto responsable (sic) da Union Africana di que as tropas despregadas non se van marchar da rexión e que seguirán para cumprir a súa misión ¿a que misión se refire? Quizás a misión que lle adxudica o propio fiscal do TPI: ser testemuñas de que efectivamente o que ocorre en Darfur é un xenocidio.
Somentes agardemos que non volte a caer no esquecemento o sofremento de tantas persoas..
No hay comentarios:
Publicar un comentario