martes, 18 de diciembre de 2012

Cambiando Paradigmas: "os cartos públicos". Son ou non son.

A crise vainos marcando certos derroteiros, uns impostos polo sentido común e outros impostos polos que sempre anda a impoñer cousas aos demais.

Sen embargo, algo temos avanzado en sentido positivo, a impunidade do despilfarro na xestión dos cartos públicos parece que se vai superando pouco a pouco (alomenos nos bares, terrazas, parques públicos e supermercados do país). Poderíamos dicir que a culpa foi da clase política, esa mesma clase que dicía alegremente "os cartos públicos non son de ninguén" e non andariamos moi desacertados,  pero enganariámonos a nós mesmos se non recoñecésemos que como cidadáns non temos esixido a debida dilixencia na xestión dos cartos de todos. Os cartos públicos deberiámolos considerar incluso con mais prudencia, e mimo , ca que  consideramos os nosos propios cartos: non tolerando nin a mais mínima desfeita, esixindo responsabilidades  ... premiando a boa xestión, esa que mira polo benestar de todos... a mesma que fai que a  caste política agora diga "bueno os cartos públicos de alguén deben ser", pois moi ben, se non o saben  a nosa obriga é facerlle saber de quen son.


Ata aquí dacordo comigo mesmo, pero de repente, cando chega o momento máxico de depositar a papeleta para elixir as persoas que van xestionar eses cartos que  tan importantes son para nós e para o noso benestar...entón por un maleficio , posiblemente "maya" (neste momento o maya esta IN), esquecémonos de todo, e na nosa mente so escoitamos: non permitas que menganito do partido do pemento picante ande a mandar na vida de ninguén, pero se lle queda moi grande o de Don , !!por Prisciliano!!, recorda que ti sempre fuches centolista de toda a vida, pois nada, nada, a votar polo líder do centolismo, que de momento non esta imputado, somentes é  presunto... en fin , coma diría o clásico "son uns presuntos fillos de ..., pero son os nosos presuntos fillos de ...".

Outro día falamos do paso do gratis total ao copago, sen paradas nen descansos.Cousa tola.

1 comentario:

Proída dijo...

Tyrion!!! Onde andades? Son Esther, a nai de Elisa. Se les isto por favor escríbeme a etrasorras@hotmail.com
Apertas para a familia.