Supoño que o nacemento de novas correntes de pensamento foron sempre tan axitadas como esta da Terceira Vía. Tentar que confluía o mellor da tradición liberal (de liberdade individual) co mellor que ten acadado a esquerda (estado do benestar) deixa un amplo marxe para que cada un que se sinta atraído por esta nova corrente teña a súa propia idea de coma ten que ser a Terceira Vía.
E ata aquí ningún problema. O problema xurde cando ese pensamento , do cal cada un ten a súa propia visión, ten que plasmarse nunha organización : conseguir que dita organización sexa áxil e o mesmo tempo compatible co discurso da rexeneración democrática (participación dos afiliados). Ante este dilema os Terceiristas optan por:
- ter un esquema semellante ó dos demais partidos tradicionais (uy que pecado):. Estrutura xerárquica, Congreso cada catro anos con renovación de cargos e existencia de listas alternativas…onde Internet é fundamental para permitir a participación das distintas persoas que compoñen a organización na elaboración de distintas propostas políticas (electorais ou non ) e na vida da propia organización.
- como somos super guais, creamos a organización superdemocrática. Cada pequeno grupo mínimamente organizado vota o que ten que ser a vida do partido, e como nós votamos, entón estamos superlexitimados para que así sexa. Que outro grupo de non sabemos onde, e do cal tampouco sabemos porque ten que votar, decide (por votación iso si) que a vida do partido ten que ir por outros derroteiros, entón cabreámonos e acudimos a Internet, que para iso está, e montamos un foro onde nos poñemos a parir os uns os outros e a caer dun burro…e así nun bucle espazo temporal, que parece mentira que se poida facer sen recorrer a sustancias alucinóxenas.
Queridos Terceiristas: tentar aglutinar o mellor do liberalismo co mellor do socialismo, cando non se é capaz de outorgar a mais mínima confianza na persoa que está o teu lado, semella unha tarefa farto improbable.
PD.: parece que o descrito anteriormente é común a maior parte da fauna política. Entón…