sábado, 16 de mayo de 2009

Flores de mayo.

Habia una vez una niña muy buena. Se llama Laura o si quieres María. Un día dijo su madre: vete a buscar flores anda que vamos a decorar la casa.
Así se fué a buscar flores.


Mientras iba a buscar flores, se encontró con una niña de pelo rizado. Ella tambien buscaba flores y decidieron ir juntas.
Se llamaba Flor.


Al final vieron un bosque lleno de flores. Flor cogió una !volvió a crecer!. Entonces vieron una chica que dijo: coger todo lo que querais.



Habia unha vez unha nena moi boa. Chámase Laura ou se queres María. Un día dixo a súa nai: vaiche a buscar flores anda que imos decorar a casa.
Así se fué a buscar flores.

Mentres ía buscar flores, atopouse cunha nena de pelo rizado. Ela tambien buscaba flores e decidiron ir xuntas.
Chamábase Flor.

Ao final viron un bosque cheo de flores. Flor colleu unha !volveu crecer!. Entón viron unha moza que dixo: coller todo o que querais.

viernes, 6 de marzo de 2009

Progresistas

grabado Antón Caamaño

Somos progresistas.

Sómolo cando queremos que o estado recupere certas competencias porque non facemos da centralización ou descentralización dogmas de fe nin virtudes por si mesmas, porque naquilo que se demostrou un mellor funcionamento debemos seguir na mesma liña, e naquilo que se voltou un disparate debemos cambialo.

Sómolo cando defendemos a liberdade de mercado e o somos cando defendemos a xustiza social. Sómolo cando nos din liberais e cando nos din socialistas.

Somos progresistas cando defendemos a idea da nación cama a única capaz de defender a igualdade e a liberdade dos individuos que a conforman. Sómolo cando recoñecemos que aquelo que nos fai diferentes a uns de outros, non nos separa se non que nos une.Sen sentimentalismo, sen bandeiras, sen mitos e sen excluír a ninguén e sen que ninguén se senta excluído.

Somos progresistas cando dubidamos, cando non sabemos con certeza, cando non temos solucións para todo, cando non nos escudamos nas tapas do libro roxo, nin do libro verde nin do libro azul.Cando escoitamos.

Somos moitas cousas, e para algúns, algunha bastante fea, pero ante todo somos progresistas.

Somos progresistas.

Lo somos cuándo queremos que el estado recupere ciertas competencias porque no hacemos de la centralización o descentralización dogmas de fe ni virtudes por sí mismas, porque en aquello que se demostró un mejor funcionamiento debemos seguir en la misma línea, y en aquello que se voltou un disparate debemos cambiarlo.

Lo somos cuándo defendemos la libertad de mercado y lo somos cuándo defendemos la justicia social. Lo somos cuándo nos dicen liberales y cuándo nos dicen socialistas.

Somos progresistas cuándo defendemos la idea de la nación cama a única capaz de defender la igualdad y la libertad de los individuos que la conforman. Lo somos cuándo reconocemos que aquelo que nos hace diferentes a unos de otros, no nos separa si no que nos une.Sin sentimentalismo, sin banderas, sin mitos y sin excluir a nadie y sin que nadie se sienta excluido.

Somos progresistas cuándo dudamos, cuándo no sabemos con certeza, cuándo no tenemos soluciones para todo, cuándo no nos escudamos en las tapas del libro rojo, ni del libro verde ni del libro azul.Cuándo escuchamos.

Somos muchas cosas, y para algunos, alguna bastante fea, pero ante todo somos progresistas.

martes, 24 de febrero de 2009

Hooligans


Dos espectáculos que últimamente resultanme mais escandalosos, sen dubida , lévase a palma as sesións do congreso dos deputados. Vemos nas noticias e nas sesións de control, coma os deputados aplauden con balbordo calquera cousa que diga o seu líder, e pola contra, insultan, increpan, calquera outra que diga o “inimigo”. Non nos levemos a engano, o que pasa e que xa non escoitan, limitánse a tomar asento (cando non teñen cousas mais importantes que facer) e coma monecos dun guiñol, cando fala alguen da súa tribu saltan coma resortes e aplauden e felicitanse coma se gañaran a final da champion league, e se por casualidade o son que chega aos seus oidos e de alguen que non pertence a tribu, entón escenifican o baile que os xogadores de rugby de Nova Zelanda (all blaks) fan fronte aos seus contrarios para intimidalos, eso sí, con moito menos estilo.

E isto é o parlamento i é o papel dos señores-as, parlamentarios-as, convertidos en autenticos hooligans dos seus “equipos” (que non das suas ideloxías), sen capacidade de escoitar as propostas dos adversarios políticos e sen capacidade de autocrítica das súas propias actuacións. Animadores profesionais.

Pensaredes que isto foi sempre así, e poida ser que teñades razón, ainda que voltando a vista atrás (ou moi atrás) as cousas semellaban diferentes. Pero non é que antes se fixeran millor as cousas ou cun parlamentario-a actuase coma tal e fora algo que merecia o respeto por parte dos seus compatriotas, e que este sectarismo feroz que converte aos partidos políticos na propia fin da súa existencia, está a invadilo todo: a sociedade civil, o poder xudicial, a vida económica…as asociacións de veciños ¿son afins ou non?, as asociacións culturais ¿defenden a nosa cultura ou a deles?, os xuices ¿conservadores ou progresistas?, as caixas de aforro ¿de confianza ou non?, as asociacións de empresarios ¿con cal se pode contar?... ah! e os medios de comunicación, coma non, sempre mais aló do que o deber esixe.

Escribo este post nun descanso no medio da campaña electoral, despois voltarei a repartir panfletos, papeletas e a pegar uns carteis. Digovos isto para que saibades que non son un descreido da política, que coido que as cousas teñen remedio e que a nosa obriga e tentalo tantas veces coma faga falla. Que a sociedade civil recupere o seu protagonismo (ao marxe de siglas políticas) e que a división de poderes sexa real e non mera palabrería e unha cuestión que nos debería implicar a todos. Por iso, aos que participades en política sexa no partido que sexa (e aos que non), aos que ainda pensades que as cousas poden cambiarse, pídovos que nunca perdamos a capacidade de escoitar aos demais nen a capacidade de ser autocríticos. Por algo se empeza.

P.D.: isto de pertencer a un partido minoritario (coma me escoiten), pegar carteis , repartir folletos… amais de cutre e moi….




jueves, 22 de enero de 2009

O Corvo.


De cando en vez a historia danos personaxes capaces de ilusionar a toda unha nación. Personaxes, en torno os que se xeran unhas expectativas de cambio capaces de afrontar os retos mais difíciles. Nos Estados Unidos, isto xa ten pasado outras veces, con Roosvelt afrontaron a gran depresión, con Kennedy volveron a proxectar o espírito do seu pais… e agora tócalle o quenda a Obama.

Coma os anteriores. Obama dilles o seus compatriotas aquelo que queren oír, pero, o mais importante, dilles tamén aquelo que moitos preferirían non ter que escoitar: que os tempos que se aveciñan non son nada bos, que terán que facer sacrificios e renuncias para poder afrontar esta profunda crise .

É esta capacidade de recoñecer a situación, a capacidade de chamarlle as cousas polo seu nome, de invocar os seus concidadáns para afrontar tempos difíciles o que mais envexa me produce. Nós, temos eleccións dentro de nada na nosa terra, e na nosa terra a crise, ademais de crónica, e igual de dura que no resto do mundo. Pero aquí, de primeiras, escoito na radio as madrugadoras promesas electorais nun acto de precampaña: endodoncias ata os dezaoito anos e métodos anticonceptivos gratuítos…o meu xa non é envexa sa, e simplemente envexa.

Como me gustaría que un dos nosos políticos tivera o valor de dirixirse aos seus compatriotas, concidadáns, persoas humanas e menos humanas, e dicirlle:

“amigos, amigas, coñecidos, coñecidas, e absolutamente descoñecidos. Os tempos que se aveciñan e os que xa temos aquí, son tempos moi duros e compre facer sacrificios para que todos xuntos poidamos saír adiante. Queremos e debemos traballar para garantir a sanidade, a educación para todos nós, para crear as condicións mais favorables para que as empresas tornen a crear postos de traballo…pero para elo, para poder conseguilo tócanos apertarnos o cinto coma país, como fai calquera familia nestes momentos de incerteza. Coma pais, coma comunidade,

- Teremos que cuestionarnos se podemos seguir soportando o peso de tanta administración: delegacións do goberno central, Xunta, deputacións, trescentos e pico concellos , fundacións comarcais e toda a administración paralela que semella non ter fin …
- Se podemos permitirnos ter tanto coche oficial e tanto ocupante de coche oficial.
- Se podemos seguir “subvencionando” calquera proxecto por peregrino que sexa
- Se podemos seguir chamando empresarios a aqueles cuia maior virtude e saber moverse polos distintos labirintos da administración.
- Se podemos ter una cidade da cultura,
- Se podemos ter tres universidades,
- Tres aeroportos,
- Dous superportos,
- Tropécentos espazos da deputación, dos concellos, da Xunta, do goberno central, deseñados coma casas da cultura, observatorios da natureza, museos, casas da xuventude…valeiros, algún nin sequera inaugurado e xa en ruínas, sen programación porque non hai medios para tela e que ao que mais chegan e a ter unha cafetería que é o que mellor funciona.

Amigos, amigas, coñecidos….temos que reinventarnos coma pais, todos xuntos, repartindo os esforzos , os sacrificios, as responsabilidades e os beneficios (que virán) entre todos.”


Claro que , ó que así falara pronto lle chamarían paxaro de mal agoiro. Se mesmo semella un corvo.

Amigos, un corvo, si, pero a fin de contas, mouro.

domingo, 4 de enero de 2009

KAYATÚ


“lleva siempre contigo un trozo de papel y un lapiz para poder así apuntar todo lo que te cuento”, con estas palabras, en un tono poco amistoso, se dirige a mi el profesor Camilo P.B., disgustado por lo que el considera un retraso injustificado en la publicación de los hallazgos que ha realizado a lo largo de su vida. Es fin de año, el profesor Camilo P.B. se ha afeitado, se ha desprendido de su habitual atuendo deportivo, se ha perfumado con Varón Dandy, y entre expresiones casi incomprensibles del tipo: ¡comete el pollo!, ¡cómetelo todo ¡ ¡eh!... me dirige aviesas miradas mientras se pierde camino de la barra del bar, donde sin duda alguna deleitará los oídos de los allí presentes: ¡comete el pollo!.

Así que no tengo más remedio, a menos que mi propósito sea caer en desgracia al profesor, que ponerme manos a la obra y daros a conocer a un animal excepcional: la víbora kayatú.

Este animalillo siempre ha acompañado la historia y la mitología de la humanidad. Como bien señala el profesor, en su celebre libro “Religiones, Mitos y Leyendas de la Historia . Reglamento del juego del parchís y otros divertimentos”, ya en el evangelio apócrifo encontrado en Laza y atribuido a San Penín das Formigas Quentes se hace referencia a la víbora Kayatú como la auténtica responsable de la expulsión de Adán y Eva del Paraíso: “La culpable víbora Kayatú se oculta en una maleza y manda callar a la mismísima divinidad. Evidentemente, la divinidad, enfadadísima, ordenar clausurar el paraíso” (por cierto un apócrifo, este de Laza, que usa un lenguaje muy adelantado a su tiempo, pero este es tema de otra investigación).

Pero las revelaciones más sorprendentes e inquietantes sobre este animal, fruto de las arduas investigaciones del profesor, y que como todos sabemos han puesto en peligro su vida, son las referidas al papel jugado por la víbora (o víboras kayatú) en el constatado fracaso de la Sociedad de Naciones, organización supranacional creada tras la primera guerra mundial con el fin de evitar otro conflicto bélico de tal escala. Pero no solo esto, el profesor cree tener las pruebas concluyentes de que la actual ONU también se encuentra bajo la nefasta influencia de las Kayatú, afirmación en la que el profesor no se encuentra solo, recordemos sino las misteriosas palabras pronunciadas ante la asamblea por el representante de La Comarca, Bilbo Bolson :

"No conozco a la mitad de ustedes ni la mitad de lo que querría, y lo que yo querría es menos de la mitad de lo que la mitad de ustedes merece."


En definitiva, un animal del que apenas conocemos nada (¿ nace?, ¿se hace?...) pero que va dejando un rastro a lo largo de la historia inconfundible.


Miro al profesor apoyado en la barra sosteniendo a duras penas un Dyc con cola y diciéndole al camarero: ¡comete el pollo!. La verdad, no es su mejor momento.