martes, 24 de febrero de 2009

Hooligans


Dos espectáculos que últimamente resultanme mais escandalosos, sen dubida , lévase a palma as sesións do congreso dos deputados. Vemos nas noticias e nas sesións de control, coma os deputados aplauden con balbordo calquera cousa que diga o seu líder, e pola contra, insultan, increpan, calquera outra que diga o “inimigo”. Non nos levemos a engano, o que pasa e que xa non escoitan, limitánse a tomar asento (cando non teñen cousas mais importantes que facer) e coma monecos dun guiñol, cando fala alguen da súa tribu saltan coma resortes e aplauden e felicitanse coma se gañaran a final da champion league, e se por casualidade o son que chega aos seus oidos e de alguen que non pertence a tribu, entón escenifican o baile que os xogadores de rugby de Nova Zelanda (all blaks) fan fronte aos seus contrarios para intimidalos, eso sí, con moito menos estilo.

E isto é o parlamento i é o papel dos señores-as, parlamentarios-as, convertidos en autenticos hooligans dos seus “equipos” (que non das suas ideloxías), sen capacidade de escoitar as propostas dos adversarios políticos e sen capacidade de autocrítica das súas propias actuacións. Animadores profesionais.

Pensaredes que isto foi sempre así, e poida ser que teñades razón, ainda que voltando a vista atrás (ou moi atrás) as cousas semellaban diferentes. Pero non é que antes se fixeran millor as cousas ou cun parlamentario-a actuase coma tal e fora algo que merecia o respeto por parte dos seus compatriotas, e que este sectarismo feroz que converte aos partidos políticos na propia fin da súa existencia, está a invadilo todo: a sociedade civil, o poder xudicial, a vida económica…as asociacións de veciños ¿son afins ou non?, as asociacións culturais ¿defenden a nosa cultura ou a deles?, os xuices ¿conservadores ou progresistas?, as caixas de aforro ¿de confianza ou non?, as asociacións de empresarios ¿con cal se pode contar?... ah! e os medios de comunicación, coma non, sempre mais aló do que o deber esixe.

Escribo este post nun descanso no medio da campaña electoral, despois voltarei a repartir panfletos, papeletas e a pegar uns carteis. Digovos isto para que saibades que non son un descreido da política, que coido que as cousas teñen remedio e que a nosa obriga e tentalo tantas veces coma faga falla. Que a sociedade civil recupere o seu protagonismo (ao marxe de siglas políticas) e que a división de poderes sexa real e non mera palabrería e unha cuestión que nos debería implicar a todos. Por iso, aos que participades en política sexa no partido que sexa (e aos que non), aos que ainda pensades que as cousas poden cambiarse, pídovos que nunca perdamos a capacidade de escoitar aos demais nen a capacidade de ser autocríticos. Por algo se empeza.

P.D.: isto de pertencer a un partido minoritario (coma me escoiten), pegar carteis , repartir folletos… amais de cutre e moi….




No hay comentarios: