jueves, 22 de enero de 2009

O Corvo.


De cando en vez a historia danos personaxes capaces de ilusionar a toda unha nación. Personaxes, en torno os que se xeran unhas expectativas de cambio capaces de afrontar os retos mais difíciles. Nos Estados Unidos, isto xa ten pasado outras veces, con Roosvelt afrontaron a gran depresión, con Kennedy volveron a proxectar o espírito do seu pais… e agora tócalle o quenda a Obama.

Coma os anteriores. Obama dilles o seus compatriotas aquelo que queren oír, pero, o mais importante, dilles tamén aquelo que moitos preferirían non ter que escoitar: que os tempos que se aveciñan non son nada bos, que terán que facer sacrificios e renuncias para poder afrontar esta profunda crise .

É esta capacidade de recoñecer a situación, a capacidade de chamarlle as cousas polo seu nome, de invocar os seus concidadáns para afrontar tempos difíciles o que mais envexa me produce. Nós, temos eleccións dentro de nada na nosa terra, e na nosa terra a crise, ademais de crónica, e igual de dura que no resto do mundo. Pero aquí, de primeiras, escoito na radio as madrugadoras promesas electorais nun acto de precampaña: endodoncias ata os dezaoito anos e métodos anticonceptivos gratuítos…o meu xa non é envexa sa, e simplemente envexa.

Como me gustaría que un dos nosos políticos tivera o valor de dirixirse aos seus compatriotas, concidadáns, persoas humanas e menos humanas, e dicirlle:

“amigos, amigas, coñecidos, coñecidas, e absolutamente descoñecidos. Os tempos que se aveciñan e os que xa temos aquí, son tempos moi duros e compre facer sacrificios para que todos xuntos poidamos saír adiante. Queremos e debemos traballar para garantir a sanidade, a educación para todos nós, para crear as condicións mais favorables para que as empresas tornen a crear postos de traballo…pero para elo, para poder conseguilo tócanos apertarnos o cinto coma país, como fai calquera familia nestes momentos de incerteza. Coma pais, coma comunidade,

- Teremos que cuestionarnos se podemos seguir soportando o peso de tanta administración: delegacións do goberno central, Xunta, deputacións, trescentos e pico concellos , fundacións comarcais e toda a administración paralela que semella non ter fin …
- Se podemos permitirnos ter tanto coche oficial e tanto ocupante de coche oficial.
- Se podemos seguir “subvencionando” calquera proxecto por peregrino que sexa
- Se podemos seguir chamando empresarios a aqueles cuia maior virtude e saber moverse polos distintos labirintos da administración.
- Se podemos ter una cidade da cultura,
- Se podemos ter tres universidades,
- Tres aeroportos,
- Dous superportos,
- Tropécentos espazos da deputación, dos concellos, da Xunta, do goberno central, deseñados coma casas da cultura, observatorios da natureza, museos, casas da xuventude…valeiros, algún nin sequera inaugurado e xa en ruínas, sen programación porque non hai medios para tela e que ao que mais chegan e a ter unha cafetería que é o que mellor funciona.

Amigos, amigas, coñecidos….temos que reinventarnos coma pais, todos xuntos, repartindo os esforzos , os sacrificios, as responsabilidades e os beneficios (que virán) entre todos.”


Claro que , ó que así falara pronto lle chamarían paxaro de mal agoiro. Se mesmo semella un corvo.

Amigos, un corvo, si, pero a fin de contas, mouro.

7 comentarios:

Isidoro Lamas dijo...

No hay que olvidar todo el dinero de fondos europeos que se invirtió en absurdos museos e infraestructuras "culturales". Y sin estudio de viabilidad ni nada en absoluto. Así tenemos que agrupaciones urbanas que casi no llegan al rango de pueblecito tienen auditorios, pavellones deportivos, etc, etc.

Parecen tonterías pero al final suman miles de millones. Unos miles de millones que invertidos en puertos (cuantos más mejor, por cierto, puesto que tenemos una posición estratégica privilegiada y una ventaja competitiva enorme gracias a nuestras rías) y ferrocarriles realistas (mucho ojo con hacer ferrocarriles de alta velocidad que sólo puede pagar Rockefeller o trenes turísticos millonarios para conectar aldeas y pueblos) haría elevarse la renta per cápita de los gallegos. Y falta hace porque la productividad del gallego, y por tanto su sueldo promedio, están en los límites de la pobreza.

chicotilo dijo...

Não, não... não, o verdadeiro problema que tem a Galiza é "una política lingüística impuesta por el BNG que cada día lleva al fracaso escolar a uno de cada cuatro gallegos".

Esse é o grande problema que temos. O que não sabia era que o resto de espanhóis tivessem problemas com a imposição do galego por parte dos bloqueiros... vendo os índices de insucesso de Castilla La Nueva cara abaixo...

Sorna à parte. Eu penso que a Província é mal invento e o Concelho e mal invento, também, Porque não respondem á nenhuma realidade sócio-económica existente e estavam planejados para uma realidade que não era a nossa, nem é a que hoje temos. Aí perdemos muito dinheiro.

Quanto à Cidade da Cultura pois é o Zenit de um modelo de gasto público ao que estamos afeitos desde o tardo-franmquismo, aí concordo convosco.

A mais diria que uma grande oportunidade de desenvolvimento é uma gestão inteligente dos recursos que dá o interior... mas os senhoritos, a nossa vanguarda, disto nem sabem nem querem saber. O que opina Rosa de España disto?

tyrion dijo...

1) Touché.
2) sempre poderiamos discutir que é o que sobra e o que non sobra. pero para se administrar 100 euros precisamos gastar 200, entón mal invento.
3)se está inspirada coma no punto 1, entón calquera...quero dicir, millor non sabelo.

chicotilo dijo...

hmmm ;)

Eu acho que é como tentar fazer que o filho coma um banana à saída da escola:

1.-Acabas correndo coa banana detrás dele enquanto o cativo dá meio bocado jogando à bola... e com a condição inexorável de

2.-Comprar-lhe uma chuminada-chuche no quiosque mais próximo.

Há dinheiro para a banana, e talvez até para o chuche... mas... vaia desastre não é?

:)

Tindersticks dijo...

O minifundismo da administración e das infraestruturas, tan so é un reflexo da sociedade na que vivimos. Racionalmente inviable pero de facto existente... O incrible é o equilibrio no que se mantén pese ao surrealista cadro do que participamos, xa que co consentimento de cada un de nos validamolo. En resumen e citando xenial profesor Camilo P. B. "A pedir, a la iglesia"

tyrion dijo...

@chicotilo :
non me sinto con forzas para afrontar o tema da banana, tema merecedor dun tratamento único e exclusivo.Agora, que un xa vai sendo maior, comprende a cantidade de veces que puxo a súa integridade física en perigo ante a insistencia do amor materno.

@Tindersticks:
claro, poñemos a cita do nos admirado profesor e a ver que é o guapo que abre a boca.

@Isidoro :
a referencia aos superportos vai no sentido que ti aplicas ao tren. E increible que o porto de Ferrol non se poña en valor por falta de accesos apropiados, sen embargo xa tiñamos que escomenzar a construir outro superporto.

homesdepedra dijo...

Eu pasaba por aqui e non quero meterme en camisas de once varas, imos, que non teño moita idea do que estades a discutir. pero o que si vos digo e que nunca a de ser mais negro o corvo que as aus alas , ou eso din...

Apertas iletradas