domingo, 9 de noviembre de 2008

O Legado Trasorras-Carracedo


Querida Esther:

Dedícote estas verbas para que saibas que os peixes que deixastedes na nosa casa como testemuñas do voso paso polas nosas vidas atópanse todos ben, como poderás apreciar na fotografía adxunta.




Sen embargo temos unha inquedanza que quixeramos compartir con vos. Recordarás que no acuario viña unha especie de minúsculo caracol, do cal algunhas veces alcanzabamos a ver unha especie de diminuto tentáculo. Comentarasme que era un caracol traído das escuras augas coñecidas polos mariñeiros coma “o Profundo”. Pois ben, o caracol desapareceu. Sinceramente o feito en si non tería maior importancia, pois tiña algo escuro e desagradable que facía que desexaras non atopalo coa vista, polo cal da súa desaparición pronto todos esquecémonos.

O que agora voute a contar ben pode ser froito do meu maxín ou das noites en vela. Fai dúas semanas, en medio daqueles días primaverais con que nos ten obsequiado este estraño inverno, atopamos un pequeno rastro de auga que viña dende a xanela do salón e detíñase fronte da porta pechada da habitación onde se atopa o acuario.Era un rastro coma o que deixaría un caracol… Antonte descubrimos o que quedaba de Pardelo, o can que vagaba ceibe polos campos dos veciños. Daquel fermoso animal non quedaba ren. Como podes imaxinar veu a policía local e cundiu certo nerviosismo entre os veciños pensando na clase de alimaña que podería facer unha cousa así.

Naquel momento era incapaz de poder atopar algunha relación entre o caracol do “profundo” e o que estaba acontecendo… ata esta noite que espertei sobresaltado por un rumor, un son viscoso producido por unha masa enorme que se arrastraba arredor da casa, que quería voltar o seu fogar…escríbote estas verbas mentres contemplo o acuario, a calma dos peixes ,a súa quietude…e sego a sentir a presencia informe e viscosa do outro lado da xanela, pero esta vez o son que escoito non é un rumor, non é un reptar acuoso, é unha chamada, e chama por min.

3 comentarios:

tyrion dijo...

Querida Esther:

1-Pardelo atópase ben.
2-K. está millor e xa toma a súa menciña.

De E., L. e B.

Proida dijo...

Joerrrrrrrrrrrrrrrr!!! Xa comezaba a bater a cen por mil o meu corazón, afectado pola perda de tan querido animal, a quen vin o sábado pasado, sentado coma ten por costume no medio da rúa. Tes que saber que o sábado fixémonos presentes entre a nósa vella veciñanza, mais foi por pouco tempo, para xantar con outros moi queridos ex-veciños. A brevidade da nosa estancia fíxonos imposíbel obsequiarvos coa nosa visita.
Fico leda de saber da boa saúde nos mariños habitantes do acuario e suxíroche que deixes de te preocupar por tan indesexable caracol escuro.
Apertas afectuosas e expectantes dunha vósa próxima visita á outra beira -esta.

Proida dijo...

Querido K; non deberas deixar nunca a medicación. Esas crises pódense volver máis e máis frecuentes e graves...