domingo, 21 de diciembre de 2008

Querido Chuk:

Antes de nada agardamos que perdoes esta familiaridade ao dirixirnos a ti, pero se non nos perdoas teremos ben merecido o noso fin e así o entenderíamos. Pero Chuck, esta familiaridade non e mais que o froito da desesperación, enténdeo, so nos quedas ti: Políticos, partidos, ideoloxías, filosofías, estados, a Onu, os cascos azuis, a OTAN, o fondo monetario internacional, a reserva federal, o banco de Europa…todo mentira ¡! So nos quedas ti coma último recurso.

Sabemos o risco que corremos ao invocarte, ao despertarte do teu letargo, sabemos que podes provocar a fin do mundo, eliminar a raza humana da lista de especies que permites que vivan no planeta terra, pero Chuck, estamos cansos, cansos de tanta inxustiza , cansos de que as verbas bonitas non solucionen nada, cansos de tanto engano, por iso, adiante coa túa patada xiratoria e que sexa o que teña que ser.

Animo Chuck, estas so, como non podería ser doutro xeito, pero sabemos que triunfarás, sómente advertirche dun inimigo terrible que quizás no teu letargo non teñas coñecido aínda: os facedores de números, señores das escuras artes do crecemento e da pobreza, da riqueza e da miseria…coidado Chuck pois tentarán atordar a túa mente coa súa verba fácil, con gráficos que souben e baixan, con porcentaxes, con tantos por ente, teñen preparado todo un arsenal… pero que pode facer toda esa verborrea contra os teus principios, contra o teu pensamento que nos humildemente , nestes momentos de incertidume non deixamos de lembrar: “a solución a un complexo problema non é senón unha sinxela patada xiratoria de Chuck Norris”. Nisto si cremos e despois a ver quen é o guapo que se pon diante a dicir parvadas de dous e dous son catro… a por el Chuck, non deixes que sega a falar, adícalle ¼ da túa mirada e fulmínao.

Animo Chuck, estas so, pero iso tampouco nunca che importou, e que non te agradezamos o que fagas tampouco ¿non? , pero de todos os xeitos ánimo e adíante coa patada xiratoria.

PD.: se nos puideras mandar uns panos da man bordados estariamos che moi agradecidos.



Paixase antes de Chuk.

1 comentario:

Proida dijo...

Carafio! Antes de chegar a Norris, ben pensaba que estabas a invocar ao boneco aquel...