domingo, 14 de diciembre de 2008

De martelos e cravos.


Un pouco tarde , coma case sempre, este post ven a conto de dous artículos que establecen as pautas a seguir no que debería ser o partido político que represente este espacio que temos definido como a terceira vía.

Do primeiro desprendese que o partido, ante todo debe ser eso, un partido político (un martelo que crave na sociedade as ideas que representa, un instrumento, unha ferramenta). Do segundo, partindo da idea de que vivimos nunha sociedade totalmente influenciada polos medios de comunicación, propon repetir unhas ideas básicas facilmente identificables co partido ( o cravo) e repetilas constantemente a fin de non perderse nun bosque de ideas que ao final non cheguen claramente ó conxunto dos votantes. A mensaxe ao servicio do partido., ou viceversa. Unha vez transmitida unha idea sería mais facilmente transmitir unha segunda...

Supoño que tendo en conta que no fondo estamos a falar de partidos políticos, ambas propostas teñen o seu punto de razón, tanto dende a necesidade dunha organización eficaz coma na eficiencia dun correcto marketing electoral. Ata aquí todo o dito é bastante razonabel, bastante normal para a forma de afrontar a política actualmente.

Sen embargo, e aquí é onde empezan os matizes,cando se constatou a necesidade de articular o que viñamos en chamar terceira vía, de dar un espazo distinto as persoas que crían superadas os tradicionais esquemas políticos de dereita-esquerda, a resposta a dar sempre viña matizada pola ruptura dos esquemas tradicionais de facer política. Vistas as propostas anteriores, coido que estamos respostando a necesidade desa nova alternativa política, onde uns cuantos nos apuntamos, coas mesmas receitas tradicionais.

O dilema, poderiamos decir, e que estamos a construir unha boa alternativa política, no sentido de que é posibel o seu éxito traducido en escanos é presencia nas institucións, ¿pero estamos a construir una alternativa que represente esa terceira vía, da que cada un de nós ten a súa particular visión ?, ¿estamos a constriur ese espazo de convivencia, de superación de vellas posturas doctrinarias?.

Sei que é dificil manter o equilibrio entre pluraridade e a necesidade de "uniformidade", entre a necesidade de ter presencia nas institucións e a travesía do deserto, entre a resposta clara e o debate interminabel... O reto que todos temos por diante e conquerir navegar entre a simplicidade efectiva e a complexidade esteril. Ser facilmente etiquetables (por desgracia nalgúns casos como os "anti..") ou converternos nunha panda de chiflados incapaces que se pasan a vida debatindo. Sei que é dificil...pero esto da terceira vía ninguén dixo que fora fácil, e posiblemente, se non fora por algún grupo de chiflados, nen sequera estariamos aquí.


Non teño dúbidas do futuro éxito do partido, pero que este éxito non nos faga esquecer a complexidade que deberiamos representar, ainda que as veces parezamos incoherentes , deslabazados... ou simplesmente perdidos en tanta complexidade.

Bo Nadal a todos, os impacientes e aos que xa perderon a paciencia.

PD: non hai fórmulas máxicas.




No hay comentarios: