De cando en vez a historia danos personaxes capaces de ilusionar a toda unha nación. Personaxes, en torno os que se xeran unhas expectativas de cambio capaces de afrontar os retos mais difíciles. Nos Estados Unidos, isto xa ten pasado outras veces, con Roosvelt afrontaron a gran depresión, con Kennedy volveron a proxectar o espírito do seu pais… e agora tócalle o quenda a Obama.
Coma os anteriores. Obama dilles o seus compatriotas aquelo que queren oír, pero, o mais importante, dilles tamén aquelo que moitos preferirían non ter que escoitar: que os tempos que se aveciñan non son nada bos, que terán que facer sacrificios e renuncias para poder afrontar esta profunda crise .
É esta capacidade de recoñecer a situación, a capacidade de chamarlle as cousas polo seu nome, de invocar os seus concidadáns para afrontar tempos difíciles o que mais envexa me produce. Nós, temos eleccións dentro de nada na nosa terra, e na nosa terra a crise, ademais de crónica, e igual de dura que no resto do mundo. Pero aquí, de primeiras, escoito na radio as madrugadoras promesas electorais nun acto de precampaña: endodoncias ata os dezaoito anos e métodos anticonceptivos gratuítos…o meu xa non é envexa sa, e simplemente envexa.
Como me gustaría que un dos nosos políticos tivera o valor de dirixirse aos seus compatriotas, concidadáns, persoas humanas e menos humanas, e dicirlle:
“amigos, amigas, coñecidos, coñecidas, e absolutamente descoñecidos. Os tempos que se aveciñan e os que xa temos aquí, son tempos moi duros e compre facer sacrificios para que todos xuntos poidamos saír adiante. Queremos e debemos traballar para garantir a sanidade, a educación para todos nós, para crear as condicións mais favorables para que as empresas tornen a crear postos de traballo…pero para elo, para poder conseguilo tócanos apertarnos o cinto coma país, como fai calquera familia nestes momentos de incerteza. Coma pais, coma comunidade,
- Teremos que cuestionarnos se podemos seguir soportando o peso de tanta administración: delegacións do goberno central, Xunta, deputacións, trescentos e pico concellos , fundacións comarcais e toda a administración paralela que semella non ter fin …
- Se podemos permitirnos ter tanto coche oficial e tanto ocupante de coche oficial.
- Se podemos seguir “subvencionando” calquera proxecto por peregrino que sexa
- Se podemos seguir chamando empresarios a aqueles cuia maior virtude e saber moverse polos distintos labirintos da administración.
- Se podemos ter una cidade da cultura,
- Se podemos ter tres universidades,
- Tres aeroportos,
- Dous superportos,
- Tropécentos espazos da deputación, dos concellos, da Xunta, do goberno central, deseñados coma casas da cultura, observatorios da natureza, museos, casas da xuventude…valeiros, algún nin sequera inaugurado e xa en ruínas, sen programación porque non hai medios para tela e que ao que mais chegan e a ter unha cafetería que é o que mellor funciona.

Amigos, amigas, coñecidos….temos que reinventarnos coma pais, todos xuntos, repartindo os esforzos , os sacrificios, as responsabilidades e os beneficios (que virán) entre todos.”
Claro que , ó que así falara pronto lle chamarían paxaro de mal agoiro. Se mesmo semella un corvo.
Amigos, un corvo, si, pero a fin de contas, mouro.