miércoles, 21 de mayo de 2008

K. en Mundo Política.


Si. Neste blogue tamén imos facer sitio á política, mais concretamente as aventuras e desventuras de K. en Mundo Política. Sen embargo antes de comezar a ditar cátedra e servir de guía ás xeracións presentes e futuras , compre deixar claras algunhas cousas:

1.- A propósito de k. O primeiro que podemos dicir é que non presenta na súa traxectoria o que poderíamos chamar unha “liña Coherente”, mais ben, bastantes bandazos a babor e a estribor, iso si, todos eles bastante ben fundamentados, ou iso cree K, que por outra banda pon moita ilusión nos proxectos nos que se embarca. Froito de tanto ir e vir, quédalle unha sensación de mareo, unha amálgama de conceptos e rostros de moitos amigos dun e doutro bando polos caes sinte un profundo respecto. Fora disto non temos constancia de ningunha contribución brillante ó mundo da filosofía política ou do pensamento contemporáneo pola súa parte. Ben , coma tampouco trátese de facer leña da árbore caída.. ¿xa dixemos que K. pon moita ilusión naquilo no que se embarca?...

2.- Mundo Política: despois de esbozar uns aspectos de K., Mundo Política, que non é outra cousa mais que a visión de K. da política, non podería ser menos que un mundo circular. Pasamos de ser asemblearios que devecen por ter cadros coma en calquera outro partido de corte clásico (¿pero aquí quen raios decide as cousas?) a ser cadros dun partido de corte clásico que devecen por ter a aprobación da inexistente asemblea (temos que decidir entre todos).


Dito isto xa podemos comezar, de atrás para adiante e de adiante para atrás e tamén polo medio. Pero xa ninguén poderá chamarse a engano.

No hay comentarios: