miércoles, 14 de mayo de 2008

Manifesto e outras vaguedades do Bosque de Deuses

Reunidos k., B. e L., e coa ausencia de E. que está traballando o cal nos permite os demais adicarnos a cousas como esta..., queremos facer unha declaración pública, manifesto, vontade de intencions ou como queirades definilo xa que nós renunciamos categoricamente a facelo, en vistas de que hoxe e un día tan bo (e dicir temos mais tempo) para tal fin coma outro día calquera (e dicir teriamos igual de tempo), do que queremos facer e expresar neste sitio da rede, e mais, a falta dun "facedor de manifestos profesional" (a pesares da insistencia dalgúns dos membros da redacción), facémolo sen ningún orde lóxico nin coherencia interna, axustándonos o mais posible ó acta levantada no seu momento por B. (a cal reproducimos), pois consideramolo instrumento suficiente para non desmerecer de manifestos anteriores. Sen mais aí vai:

1- Recoñecemos a existencia dun Spiderman bo e dun Spiderman malo. O Spiderman malo vai de negro, ten unha boca que mete medo e fai fiu, fiu, arrrrggg¡¡¡ (mágoa de video). Sen embargo está distinción tan nidia no caso spiderman é moi dificil de levar a moitos aspectos da nosa vida.

2- A liberdade individual, coma sustento da nosa propia xenuinidade, está por riba de picaduras de arañas, experimentos con sustancias perigosas, mutacións, maldicións divinas e humanas...Desconfiamos dos dereitos colectivos e do humor cambiante da "masa".


3- Deixando de lado o universo marvel, felizmente recuperado por B., e antes de seguir adiante e por non enganar a ninguén, por aquí cheira un pouco a friki.

4- O punto anterior, o punto tres sí, non debería ser considerado un punto. (Deliberación: agora xa está.. cambialo no próximo congreso...eu non sigo.. aí vos quedades...).

5- Recompostos outra vez, queremos tamén falar do clima. Do clima dos outros paises. Do noso non que xa sae no telediario.De todos os outros paises tampouco, so de algúns.

6.- Queremos ter unha mente aberta e tolerante fronte os que son distintos de nós, teñen outras culturas e outras crenzas. Sen embargo, esa tolerancia non nos pode converter en fanaticamente relativistas. Non toleramos o maltrato físico nin moral, nin aquelas actitudes que vaian en prexuizo da dignidade das persoas ou atenten contra os seus dereitos mais fundamentais, sexan estas de caracter relixioso, político, etnicistas ou de calquera outra clase. Spiderman e a Patrulla X non están para aturar parvadas.

7- Ante a falta de consistencia do punto cinco , estamos agardando a que L. nos aporte algo no plano ecolóxico, non vaia ser que sexamos menos que ninguén.

8- os gatos cruzan a rúa sen mirar. Pardelo non, pero Pardelo é un can.

9- e fin.


Nota: as referencias os superheroes non teñen nada que ver coa noción de "superhome" de certo filósofo alemán. Dounos por aí porque algún de nós está posuido polo espírito de Spiderman, e eu por non ser menos e xa un pouco farto deste gañán de superheroe tiven que traer a escea á marabillosa Patrulla X. Mais nada.

* Primeiro manifesto con xogo: Atopa a referencia oculta a outro superheroe.

1 comentario:

homesdepedra dijo...

Estou total e enteiramente de acordo con este tan fermoso e surrealista manifesto, sobre todo no seu punto 6 ; É mais , estou por xurar que Nietzsche (no caso de aínda andar entre os vivos) tamén apoiaría a vosa proclama.

Parabéns e apertas