jueves, 16 de octubre de 2008

Comenzo da tempada deportiva

B., L. e K. comenzaron a tempada deportiva. B. e L. fan judo no seu colexio e teñen un excelente profesor. K. ten que desprazarse ata A Coruña para practicar Aikido. Así coma confiamos en que B. e L. serán constantes e sacarán moito proveito, agardemos que K. teña suficiente vontade para coller o coche, perder 40 minutos no atasco diario da cidade e.. aprender algo (K. tamén ten uns excelentes maestros).

Unha imaxe vale mais ca mil palabras. De momento non sae nin L. nin B. nin K., pero todo ao seu tempo.


1 comentario:

Proida dijo...

Ola K; Alédome de que prosigas no camiño da aprendizaxe do aikido, ou como queira que se chame tan sublime arte marcial. A min todo o que é marcial dáme medo e por iso nunca aprendín nada disto, anque, mira a ministra de defensa, pacifista ela e aí a tés!!! Nunca se sabe!!!
Sabes, K, que son seguidora da túa andaina vital, así que por aquí estou a ler todos os posts. Por certo, agardo unha foto prometida de certo ecosistema acuático...
Entrementras, moitas apertas portulegas.Que saibades ti e E. e B e L que vos botamos de menos, a vós a a todo o que deixamos por aí.
E.