sábado, 25 de octubre de 2008

Da Lingua ( branco ou negro, ou non hai sitio para os diglósicos).


Nestes días o mais consecuente tería sido por algo sobre a crise, pero non son capaz de illarme deste tema da lingua, o cal desexaría abordar cun profundo respecto e sen ánimos de ofender a ninguén, ou polo menos con ánimos de manter un debate sosegado.

As posturas que se van definindo ( na sociedade civil e no parlamento galego, aínda que non sempre coincidentes) van debuxando un panorama que nos leva á confrontación e a desavinza, sobre todo no tocante ao uso do idioma no ámbito do ensino.

Dun lado, a postura de asociacións que defenden o dereito a elixir dos pais o idioma no que os seus fillos sexan escolarizados, o que na práctica suporía a existencia de dous modelos educativos, aló menos no referente ao idioma: centros co idioma vehicular en castelán e centros co idioma vehicular en galego (aínda que ambos idiomas , como sinatura, foxen obxecto de estudio en ambos modelos, como na actualidade ocorre co inglés).Aparte do custo que suporía tal modelo educativo, non teño dúbidas, de que a súa implantación si sería o comezo dun auténtico conflito baseado no idioma entre os propios galegos de consecuencias imprevisibles: creándose dous grupos sociais perfectamente diferenciados , afondando no divorcio entre a Galicia urbana e a Galicia rural …

Pero toda reacción ten a súa orixe nunca acción. E a orixe é o actual decreto de ensinanza referente ao uso do idioma no ensino. Se o anterior decreto (PP) era un auténtico coador para o uso do galego no ensino, facéndose a vista gorda para que na práctica fose papel mollado, o actual, non fai mais que por de manifesto o cambio de cor do poder político. Agora é o castelán o idioma que pode quedar relegado (ao amparo das porcentaxes establecidas en dito decreto) a un lugar puramente testemuñal. Nun tema onde deberíamos procurar o consenso político e social mais amplo posible, optase por que sexan as opción políticas de quenda as que impoñan os seus criterios, e estes criterios responden inevitablemente á lei do péndulo: se estou eu, un mínimo do 50% do ensino en castelán e de aí para arriba , pola contra se chego eu ao poder, un mínimo do 50% en galego e de aí…).

Fraco favor para o idioma a actitude de aqueles, que partindo de posicións totalmente lexitimas acaban unindo a defensa do idioma a conceptos puramente políticos discutibles e moitas veces excluentes (pobo, estado, non estado, territorio…).


Esta visto, non hai sitio para os bilingües, non hai sitio para defender unha educación baseada no uso dos dous idiomas (ao 50%), ou incluso, mirando mais aló, incluíndo ao inglés (33%-33%-33%). Vaia trilingües!!! Se xa temos bastante con estes malditos enfermos diglósicos.

3 comentarios:

homesdepedra dijo...

Magoa dos galegos que sendo nados neste recuncho do mundo, fillos de Galicia, senten reparo da súa lingua nai cando falan con outros galegos/as, é utilizan á castelá lingua con acento galego é palabras mesturadas, intentando así esquecer a súa orixe, ou sentírense superiores en cultura por diferencíarense do resto, cando o seu acento fala da súa orixe con só abrir a boca de dicir ¡y luego! aldraxando así palabras cheas de contido como son. xeitoso, mainiño, feiticeira ou orballo, agarimo ou aloumiño.

Que cada quen fala e lle ensine os seus fillos como mellor lle pete, pero sen avergoñarse nunca do que é cada un e mais de onde procede

Que non se chame da terra/ Aquel ca lingua despreza/ Ou que non sente a beleza/ Desta fala que namora..

Apertas mariñeiras e muradanas

Proida dijo...

Saúdos, amigo K. Sabedor como es da miña opinión sobre este tema, e coñecedor do meu exilio lingüístico, contareiche o que me acontece desta banda do miño: cando os veciños da Guarda veñen de vacacións (teñen aquí segunda vivenda) vexo que comigo utilizan o castelán para se comunicaren. Bótolle a culpa a que simplesmente non saberán falar en galego ou que non se sintirán cómodos nel. Non hai problema, que cada quen fale o que lle pete. O que me desconcerta, pero moito, é que cos portugueses daquí si que falen en galego. É dicir: a min, que son "compatriota", galega coma eles, fálanme en castelán (aínda que eu falo sempre galego con eles) e aos portugueses,estranxeiros para eles, outórganlles a gracia do galego. Non entendo este fenómeno estrano que se dá por estas terras.
Ao mellor pensan que o galego ben vale para falar cun portugués mais non para falar con outro galego.
Non sei, non sei.
A min o tema lingüístico xa me sobrepasa, en serio. Eu o que quixera sería que os meus nenos accedesen ao coñecemento científico, o que se ofrece na escola, na súa lingua nai, o galego. Tamén quixera que aprendesen a manexar con completa soltura o castelán e o portugués como mínimo. E, claro, tamén terán que aprender inglés, para entender as cancións de Amy Whinehouse e os discursos de Obama. O seu pai quererá que parlem catalá...
Pobriños!!!

Isidoro Lamas dijo...

El idioma es medio para comunicarse. Cualquier remoto derecho que se le dote a una lengua es un encubrimiento del deseo de incomunicarse que algunas personas tratan de cultivar. Los objetivos de ello son diversos, ninguno es racional y mucho menos benéfico salvo para un sentido retorcido de lo estético. La reducción de las esferas morales es un pulso que los reaccionarios tratan cada generación de ganar a las sociedades. Pero hay que ampliar espacios, no abrir más paréntesis.

Dentro del espacio históricamente llamado España todo el mundo conoce el castellano (ahora se están intentando reformas para que no siga siendo así: pero trabajar contra el mercado es muy difícil) y en base a esto es lógico que cualquier emplee el castellano como lengua franca en todo el territorio español. Que esos que emplean predominantemente el castellano con el resto de españoles empleen el castrapo con portugueses no es sino porque consideran que así pueden comunicarse mejor.

Punto pelota.